jueves, 24 de marzo de 2011

INAUGUROUSE O MUSEO DE BONXE



Onte, 23 de marzo, inaugurouse o Museo Indalecio Lombao e Josefa Ferro de Bonxe, pertencente ó Taller que xa leva funcionando máis de cinco anos nesta terra de oleiros.
Distintas autoridades acercáronse para interesarse polo Museo, entre elas a Presidenta da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, a Vicepresidenta da Diputación de Lugo, Lara Méndez, xunto co xestor da mesma, e o Alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.

A oleira, Pepa Lombao, agradeceu ós seus pais, Indalecio Lombao e Josefa Ferro, recentemente falecidos, as súa ensinanzas na arte de tornear, o amor que despertaron en Pepa pola olería, a dedicación de toda unha vida ao pobo de Bonxe, historia da que xa forman parte.


lunes, 14 de marzo de 2011

DETRÁS DUN HOME INCRÍBLE...



Din que detrás dun hombre brilante hai unha muller aínda máis brilante. No caso dos meus avós, Indalecio e Josefa, a realidade é que o amor que os uníu en vida foi tan forte, que catro meses e un día despois de despedir o oleiro máis coñecido de Bonxe, o día catro deste mes de marzo, Josefa Ferro, a nai nosa que tanto nos deu, decidiu seguir o camiño do avó, e reunirse de novo alá no ceo dos oleiros e dos músicos.

Recordo ben o orgullo co que falaba Indalecio da súa muller, "gustoume porque sabía bailar", recordaba sorrindo, pero está claro que algo máis uníu a esta parella de eternos namorados, a pasión pola olería, pola música, e pola súa familia, da que teño o grande honor de pertencer.

A olería de Bonxe existíu porque Indalecio seguíu a traballar nela, pero sen o alento de Josefa, a súa presenza e incondicional apoio, cecais o avó teríao pensado mellor, pois todo se consultaba ca súa querida compañeira.

Dóenos non tela máis entre nós, pero agora o avó volve a estar completo.

O amor nunca morre.

PARA SEMPRE BONXE.

Amalia M. Lombao.