miércoles, 10 de marzo de 2010

MOSTRA DE CERÁMICA DE BONXE E RECITAL POÉTICO EN SANYRES



O 25 de febreiro celebrouse en a Residencia Sanyres unha mostra da cerámica de Bonxe da man de Pepa Lombao e un recital poético de Amalia Méndez Lombao.
Pepa fixo distintas pezas para os residentes e as súas familias, explicando a orixe da cerámica e o proceder para realizalas. Ademáis, expuxo unhas cantas pezas xa rematadas para que os máis maiores e non tan maiores admiraran a beleza desta cerámica unha vez cocida, xa que o seu color é característico desta terra de oleiros.
Unha vez rematada a mostra, Amalia Méndez Lombao, sobriña da oleira de Bonxe, e amante da olería, leu uns poemas adicados á súa terra, escritos especialmente para esta ocasión.